O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) pide o máximo respecto aos informadores ante a tensa situación que se está a vivir en Vigo por mor da folga do traballadores do sector de metal.
O SXG respecta as lexítimas mobilizacións dos asalariados, a quen lles solicita que non impidan a labor dos reporteiros, varios dos cales foron empurrados durante estes días. O Sindicato lembra que a traballo destes profesionais é informar libremente aos cidadáns das consecuencias e causas da folga.
A obriga do poder público é protexer aos informadores
Ademais, o SXG lémbralle ós poderes públicos a súa obriga de protexer o dereito constitucional a informar. Por iso, pide que as administracións que tomen as medidas de seguridade necesarias para protexer ós informadores que acoden a cubrir feitos que, como a actual situación en Vigo, son potencialmente perigosos para os xornalistas.
De ningún xeito pode repetirse o acontecido nas mobilizacións do metal en 2006, cando varios reporteiros gráficos foron agredidos con total impunidade. Estes incidentes son exemplos de situacións que se poden previr, e nas que a labor dos informadores debe estar especialmente protexida polas autoridades.
O SXG, a disposición dos reporteiros
Por último, o SXG lembra aos xornalistas que traballan en Vigo que os membros da súa Executiva están a súa disposición ante calquera incidente que se poida producir.