Dende este 15 de marzo, cada sábado os lugueses, mesmo os vexetarianos, teñen a oportunidade de cear produtos ecolóxicos cada sábado no Centro Social Madia Leva.
A Sociedade Cultural Madia Leva! de Lugo, en colaboración coa asociación ecoloxista O Bandullo Ecolóxico, comeza mañá sábado, 15 de marzo, o seu ciclo de ceas ecolóxicas. No centro social Madia Leva!, na rúa Amor Meilán, 18, os asistentes terán a oportunidade de probar cada sábado diferentes menús baseados en produtos obtidos de xeito sostíbel, coma os procedentes da agricultura ecolóxica, que á vantaxe de seren producidos dun xeito respectuoso co medio ambiente, resultan máis saudábeis para a nosa saúde, dado que na súa composición non existen axentes nocivos para o organismo. Ademais, nestas ceas ecolóxicas poderase optar por unha alternativa vexetariana. Para unha mellor organización da cea, recoméndase reservar praza no teléfono 636318092.