Rafael Ruibal achéganos este estudo sobre a representatividade no sistema electoral actual e as posíbeis alternativas.
Nestas datas é habitual, como cada vez que hai eleccións, a proliferación de reflexións sobre o inxusto do sistema electoral, en canto “protexe e sobredimensiona” a capacidade de incidencia das forzas “locais” en detrimento dos partidos “nacionais”.
Tal mentira, como de seguido imos demostrar, amosa a pouca ética profesional de xente como Andrés Aberasturi (óllese Faro de Vigo destas datas) que non dubida en facer afirmacións, que cun mínimo de vontade e esforzo pola súa banda para comprobar a validez das mesmas, doadamente tería evitado.
E amosa, para min o máis preocupante, a vontade por parte da “intelectualidade española, de criar, a base de sementar mentiras e falsos tópicos como este que hoxe desmontamos, un sentimento de agravio comparativo cara as os outros pensamentos nacionais do estado.
Ora pasemos a debullar o seu plantexamento.
¿Se houbese un distrito único, os resultados penalizarían aos partidos “localistas”?
Vexamos:
FORZA RESULTADO DISTRIT UNICO
PSOE 169 161
PP 153 147
CiU 11 11
PNV 6 4
ERC 3 4
IU 2 14
BNG 2 3
CC 2 2
UPD 1 4
NB 1 0
Os perxudicados co sistema actual son os pártidos de ámbito estatal con poucos votos por circunscripción, IU e UPD. Ora, os grandes beneficiados son os partidos maioritarios. Os nacionalismos, agás naqueles territorios de poucos votantes como Euskalherria, non saen beneficiados, e mesmo no caso do BNG e ERC, millorarían a súa representación parlamentaria co distrito único.
Pero o caso de Euskadi e Nafarroa, beneficiándose os partidos nacionalistas do actual sistema non é exclusivo dos territorios hístoricos.
Así,
se botamos unha ollada aos datos do MIR, http://www.generales2008.mir.es/99CG/FTOP.htm nos resultados por distritos, atopamos:
En Castilla-León:
-Ávila……PP… 66.768 votos……..2 Deputados
-Palencia...PP….58.031 votos……..2 Deputados
-Zamora....PP….66.699 votos……..2 Deputados.
Nestas tres provincias, o PP con 191.498 obtivo 6 deputados. Ao PNV estos 6 diputados costáronlle 303.246. O BNG, con 209.042, obtivo 2.
E xa que gostan de falar de agravios comparativos, ben esquecen este: Galiza, cunha población de 2.772.553 hab. elixe 23 representantes. Castilla-León, con 2.528.417, escolle 32
http://es.wikipedia.org/wiki/Comunidades_aut%C3%B3nomas_de_Espa%C3%B1a_ordenadas_por_poblaci%C3%B3n
Poderemos entón debater sobre a idoniedade do actual sistema ( eu, pola miña banda aposto por distritos-Comunidades autónomas ) pero achacarlle unhas eivas que só serven para magnificar a representatividade das opcións localistas, non deixa de ser un vulgar exercizo de desinformación e manipulación da opinión pública. Paremos, pois, xa dunha vez por todas, de cuestionar a representatividade dos deputados e deputadas eleitos, independentemente da súa procedencia partidaria e territorial Afirmar que se deixa a España en mans dunhas minorías, é como acusar ao meu cuñado soriano e a todos os seus viciños, de seren os responsabeis de terlle dado, de xeito ilexítimo, a Aznar a maoría absoluta que nos meteu na guerra do Iraque.