Él doou o seu esperma a unha parella de amigas para que puidesen cumprir o seu soño de ser nais.
Fai catro anos un bombeiro británico de 37 doou o seu esperma a unha parella de amigas lesbianas para que puidesen cumprir o seu soño de ser nais. Tiveron dúas nenas que agora se converteron en motivo de disputa.Segundo o Daily Telegraph, as dúas mulleres separáronse. E agora o doante ten que facerse cargo da manutención dos nenos porque así foi requirido pola Axencia de Apoio a Menores do Reino Unido.O bombeiro di que a parella lle asegurou que non tería ningunha responsabilidade económica por esta doazón solidaria. Pero os termos do acordo non se plasmaron por escrito.O home está inmerso nun proceso legal para eliminar as súas responsabilidades como pai.