Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galeguizando a Feira de Silleda: Campaña da CiberIrmandade da Fala

A Feira Internacional de Galicia é un recinto de exposicións, de categoría internacional, situado na localidade de Silleda. Pertence á Fundación Semana Verde de Galicia e constitúe unha ponte comercial entre Europa e América ademais dun centro de actividades congresuais, formativas e asociativas para o desenvolvemento rural e do pais galego en xeral.

Enviada por KikodasLeiras KikodasLeiras o 17/09/2007 13:21

A súa páxina web está en castelán e inglés pero nin unha soa palabra que mostre aos visitantes que se atopa na Galiza, un pais con lingua e cultura diferenciadas, sendo unha clara desconsideración cara aos seus numerosos usuarios galegos.Unha institución que se define como "Un auténtico emblema de la Comunidad Autónoma de Galicia"sic non pode amosar este desleixo coa lingua propia do país onde está establecida. Consideramos que debe tomar exemplo doutras grandes feiras internacionais coma a Fira de Barcelona que se abren ao mundo na súa propia lingua, tan digna como as demais, dotándose dun valor engadido que as diferencia e fai visibles.Iniciamos esta campaña coa intención de concienciar á directiva da Feira de Silleda da necesidade de se identificaren coa sociedade á que pertencen, empregando a nosa lingua que é tamén a súa e a de moitos dos seus visitantes e usuarios. Agardamos a tua colaboración nesta nova ciberacción.

Texto do Prego:

Ben prezados/as señores/as,

Tras visitar a súa páxina web observo con desagrado que a súa entidade
amosa unha actitude moi pouco sensible coa lingua propia do noso país
no seu sitio de internet. De seguro saben que o galego é a lingua de
moitos dos seus usuarios e doada de comprender para os que non a
empregan habitualmente.
Tamén estou certo do seu coñecemento da situación de inferioridade en
que se atopa o noso idioma e da necesidade de comprometérmonos todos na
súa promoción e extensión, tanto de forma individual como colectiva.
Gustaríame pois, que amosaran unha intención clara de apoio ao idioma de noso facendo del unha lingua vehicular da súa páxina web e tamén da
publicidade e rotulación do seu importante certame feiral.

Convertiríanse deste xeito nun exemplo a seguir para outras empresas
galegas.
Agardo de vostedes que esta petición sexa tida en conta no prazo máis
breve posible, aproveito a ocasión para saudalos atentamente.


NOME
DNI

Envía o teu prego dende a seguinte ligazón:

http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/component/option,com_obxetivos/task,envioweb/id,98/

Moitas grazas por colaborar

CiberIrmandade da Fala
Setembro do 2007


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Galeguizando a Feira de Silleda: Campaña da CiberIrmandade da Fala