Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Concluiron con éxito as XORNADAS DO COUREL

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Concluiron con éxito as  XORNADAS DO COUREL

Concluiron con éxito as XORNADAS DO COUREL

grupo2.jpgLugo, 14 de maio de 2007.  A pasada fin de semana tiveron lugar na Escola Politécnica Superior de Lugo as xornadas “POR UN COUREL VIVO” na percura do desenvolvemento sustentábel para o Courel. Nelas, participaron por primeira vez todos os departamentos da administración implicados na xestión da zona.  Á mesa redonda asistiron: o subdirector xeral de Turismo, Xabier Valiño; o delegado de Cultura en Lugo, Xoán Xosé Molina; Antonio Sampaio, pola delegación da Vicepresidencia en Lugo; Cándido Sánchez, xefe de servizo de Promoción da Saúde; Roxelio Fernández, subdirector xeral de Conservación da Natureza; Felipe Arias, director xeral de Patrimonio; Carlos Silva, representando ao Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE); Vítor Álvarez, xefe de servizo de Infraestruturas de Medio Rural en Lugo; Xabier Bruña, xefe de servizo de Montes en Lugo, entre outros. Baixa as CONCLUSIÓNS das xornadas.

 

Enviada por ADEGA ADEGA o 14/05/2007 18:23



  Todos eles expuxeron en representación dos seus respectivos organismos e institucións as liñas de actuación que se están a artellar na Serra Oriental. No seu conxunto felicitaron a ADEGA pola iniciativa e coincidiron na necesidade de establecer plans e proxectos conxuntos para o Courel que garanticen un desenvolvemento futuro da montaña lucense desde a perspectiva da sustentabilidade, para o que sería preciso unha maior colaboración e transversalidade entre as propias consellarías e con outras administracións, como as locais.
  Tras a asunción pola práctica maioría dos intervintes do declive progresivo do Courel a nivel poboacional, económico e ambiental, falouse da necesidade de reformulacións lexislativas de normativas caducas que están a favorecer a degradación da zona, nomeadamente en materia de Industria, Minas e Patrimonio Cultural.
  Por parte da Consellaría de Medio Ambiente crese necesario fomentar unha maior transversabilidade entre os organismos públicos para que o futuro Parque Natural do Courel non sexa só unha “declaración no papel”, senón que se traduza a feitos concretos onde todas as consellerías tiveran a súa parte de responsabilidade de execución e asumiran riscos. Coincidiron con esta perspectiva os representantes da Consellaría de Medio Rural, quenes fixeron fincapé nas posibilidades de creación de emprego no Courel e as súas potencialidades no eido forestal e agropastoril.mesa.jpg
  Desde as agrupacións locais solicitouse un maior amparo por parte da Xunta de Galiza á hora de ter que aplicar normativas e executar accións que vaian contra os intereses da poboación. Por último, os participantes coincidiron na necesidade de trasladar o mesmo debate interadministrativo sobre as posibilidades de desenvolvemento do Courel á propia zona interesada para poder informar e formar á propia poboación local, así como crear un proxecto de sostibilidade conxunto, coherente e integrado por todos os estamentos públicos e sociais, no que a participación social sexa prioritaria.
  Nesta mesma xornada, expertos na xeodiversidade do Courel, como o catedrático galego de xeoloxía Xoán Ramón Vidal Romaní, Aurora Grandal, do Instituto Xeolóxico Universitario Isidro Parga Pondal; os especialistas na biodiversdidade do Courel Pablo Ramil e Manuel Antonio Guitián; e coñecedores do patrimonio, cultura, paisaxe e etnografía da zona coma o director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, o arquitecto Xosé Carlos Carreira, e Rafael Crecente do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural interviron en sesións explicativas sobre a situación ambiental do Courel co obxectivo de facer unha chamada de atención á sociedade e ás administracións públicas para buscar alternativas de desenvolvemento á situación actual da zona.
 


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: