Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Acción en defensa das montañas. Resultados Galiza (act. 14/5)

14 de maio de 2007. De seguido, recollemos as fotos mandadas por todos/as vós dentro da campaña "NINGUNHA MONTAÑA SEN PROTECCIÓN" deste ano. Do mesmo xeito que para o resto da Península, ADEGA vai achegar copia dos rexistros galegos, xunta co Manifesto en Defensa das Montañas, á Xunta de Galiza e ao Ministerio de Medio Ambiente, a ver se toman nota da crecente preocupación da sociedade pola situación das nosas montañas. Ás ducias de persoas que participastes nesta iniciativa, moitas grazas pola vosa contribución e compromiso ecolóxico!.
 

Enviada por ADEGA ADEGA o 14/05/2007 18:20



  Neste mapa, figuran rexistradas as ancensións por concellos. Na listaxe que segue atoparedes unha ligazón a cada foto. Durante esta semana, iremos actualizando a páxina para dar cabida aos documentos que nos vaian chegando. Tamén podedes subir a vosa foto accedendo através da web de Red Montañas e cubrindo un sinxelo FORMULARIO. Ou se o preferides, mandádea xunto cos vosos comentarios a: adega@adega.info

  montanhas3.jpg
A CORUÑA: 
Boqueixón: Pico Sagro 
Compostela: Pedroso 
Fene: Marraxón 
Negreira: A Pena

Val do Dubra: Monte Castelo
LUGO:
Cervantes: Mustallar
Folgoso do Courel: O Carballal
Monforte: Cornado
Pobra de Brollón: Augalevada
Quiroga: Cerengo 
Ribas de Sil: Morade 
OURENSE: 
A Veiga: Pena Trevinca

PONTEVEDRA:
Caldas de Reis: Alto da Meda (Xiabre)
Valga: Fontevecha
 
 
 


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: