Traballaba na Real Academia Galega da Lingua, botou ali mais de dez anos sen contrato nin seguridade social, traballando de "negro".
http://xanelagaliza.blogspot.com/2007/08/escribin-algo-onte-de-chelis-e-o-seu.html
Chelis era filologo e traballaba na Real Academia Galega da Lingua, botou ali mais de dez anos sen contrato nin seguridade social, traballando de "negro", pero poñendo mais interese, amor e dedicacion que todos os funcis que ali traballan xuntos incluido o presi, o Sr. Barreiro. Eu viao pola tele e logo falaba con Chelis e dabanme gañas de queimar algo, buf, isto non e politicamente correcto, de...aldraxar, deixemolo ai.
Por enriba dos seus estudos tiña moito amor a sua fala e tanto medo de que esta se perdese pola colonizacion do castelan ... moito sofria por iso.
Unha das actividades mais frecuentes no seu tempo de lecer era ir polos camiños, polas aldeas atopando xente coa que falar e tanto conectaba con eles que podian botar o dia e o que facia Chelis nese falar era recoller as palabriñas en desuso, como fan os cantareiros e musicos que recollen sons vellos ...o mesmiño pero coas palabras. Axiña apuntaba nos miolos o contexto no que foi dita e as posibles variacions da palabra, logo incorporaba a nova acepcion a ese diccionario da lingua galega para o que sempre traballou. Anque a oficialidade das institucions acababan con el, era moi celta, moi salvaxe sendo ao tempo ben educado e respectuoso con todo o mundo...
Traballaba arreo nese eido e soñaba coa posibilidade de facer na rede o "Proxecto Irmandiño", unha sorte de diccionario popular aberto as achegas de calquera persoa que quixera colaborar dende calquera recanto de Galiza. O obxectivo era recoller todas esas palabras, todas as variacions que teñen segundo a zona onde se falan...para facer unha especie de wikipedia pero da lingua galega, na rede, a diaposicion de calquera persoa no mundo.