A CIG-Autonomica felicita a Encarna Otero polas valentes declaracións sobre a disposición 17 da recentemente aprobada Lei da Función Pública Galega
Dende a CIG-Autonómica felicitamos á Directora Xeral de Fomento e calidade da Vivenda, Encarna Otero Cepeda, polas declaracións publicadas na prensa a respeito da sua discrepancia e oposición á disposición adicional 17 da modificación da Lei da función Pública Galega, que asigna 14.721 euros a tod@s @s alto@s cargos que foran nomeado@ dende o ano 81.
Entendemos que a sua argumentación é un exercicio de ética, honestidade e coerencia, ademais de mostrar unha posición de valentia. Extremos estes que non demostran @s seus compañeir@s diputad@s parlamentares do BNG, que votaron a favor da aprobación da lei que favorece a algún deles. Entre os afortunados está o Portavoz de Administracións Públicas do grupo do BNG, membro da Comisión desta lei, e Ex-Conselleiro co governo tripartito, o SR. Pablo González Mariñas.
É curiosa a circunstancia de que o Consello da Xunta aprobou unha redacción da lei que non contemplaba a enmenda do PP. O Parlamento aprobou o que o Consello da Xunta non se atrevera a aprobar.
Suscribimos palabra por palabra as declaracións de Encarna Otero, e apoiamos esta actitude clara e belixerante con unha lei discriminatoria e favoritista, que vai premiar a funcionarios e funcionarias postos/as a dedo nos seus cargos
Compostela, 2 de agosto de 2007