Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Terceira Rota do Siñor Afranio

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Terceira Rota do Siñor Afranio

Terceira Rota do Siñor Afranio

Continúan as Xeiras 2007 que organiza o Instituto de Estudos Miñoráns coa 3ª Rota do Siñor Afranio. Estas xeiras están dedicadas a percorrer os camiños e lugares polos que en 1936 Antón Alonso Ríos andou para "risparse das gadoupas da morte". Pola serra da Groba, polo Monte Tetón, por Couso, Morgadáns e Vincios estivo agachado o deputado popular ata transformarse no pobre de pedir Siñor Afranio do Amaral.

Enviada por valminor valminor o 17/07/2007 09:44

Rota do Siñor Afranio

Antón Alonso Ríos
, natural de Silleda, emigrante e mestre. Tras a proclamación da República as Sociedades Galegas da Arxentina envíarono para representalas politicamente e coordinar algunhas das escolas que os emigrantes sufragaban, entre outras a tomiñesa La Aurora del Porvenir. Durante o período republicano desenvolve unha intensa actividade política nas filas do agrarismo e vinculase dende o primeiro momento ao Partido Galeguista. Nas elección de febreiro de 1936 é elixido deputado nas listas da fronte popular, representando aos agrarios.

Tras a sublevación militar fascista convertese no gran obxectivo dos falanxistas de Tui; "el gran zorro" chamábanlle. Os primeiros días pasounos agochado polas terras da Groba, ata tres veces regresou a Torroña. A veciñanza agochouno e protexeuno, como tamén fixo con Luís Noya e moitos outros demócratas fuxidos do terror. Os veciños e veciñas de Torroña escribiron unha fermosa páxina solidaria poñendo en perigo a súa vida e a dos seus.

Antón Alonso Ríos tiña que saír do acocho, non podía seguir poñendo en perigo á quen xenerosamente o axudara. Botou a andar polos camiños, pasou por Tebra, por Couso, Morgadáns, Chaín e Vincios e enfilou a estrada cara as Gándaras do Porriño... e seguiu ata converterse nun pobre de pedir portugués. Nacía así o Siñor Afranio do Amaral. Tiña cincuenta anos. Logo fixo de criado pola Terra de Montes e do Carballiño. Tres anos despois pasou a Portugal e logrou establecer os contactos necesarios para saír rumbo a América dende o porto de Lisboa.

"Embarquei no "Lipari" e o 29 de xuño de 1939 cheguei ao porto de Buenos Aires. Tíñame rispado das gadoupas da morte, escribiu nas súas breves memorias rematadas en 1978.

Na Arxentina continuou o seu labor político, sempre á beira de Castelao a quen substituíu na presidencia do Consello de Galiza que representou ata a súa disolución a soberanía popular expresada nas elección de febreiro de 1936

Xeira
O vindeiro xoves 19 de xullo, ás 17:30 sairemos da Casa do Concello de Gondomar. O percorrido desta visita iniciase por terras de Santa María de Tebra, onde visitaremos A Pedra dos Mouros, a maior superficie de arte rupestre prehistórica de Galicia. Emplázase aquí o petroglifo da Pedra dos Mouros ao que se lle supón unha antigüidade duns 4000 anos, dun período coñecido como calcolítico/idade do bronce. Esta mostra de arte rupestre contén, nomeadamente, circos concéntricos e coviñas ademais dun cabalo con xinete, un antropomorfo e uns pequenos muíños naviculares.

Neste momento estase a desenvolver un proxecto de valorización do patrimonio natural e arqueolóxico do Monte Tetón dirixido por Rosa Villar Quinteiro.

A mais de 400 metros localizamos un cemiteiro sen valados, construído hai entre 4000 a 6000 anos, na chan entre vertentes. Son 13 mámoas da época prehistórica coñecida como neolítico.

Máis adiante subiremos ó Castro de Riba, quizais sexa un asentamento humano de hai 2000/2500 anos, da época castrexa. Ollaremos terrazas, terrapléns, murallas, unha complexa obra defensiva e habitacional.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: