A mediados de xuño, A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou un novo caso de grave discriminación sufrida por unha muller que acudiu co seu fillo á consulta pediátrica no Hospital Modelo da cidade da Coruña. Esta cidadá non puido saír do seu asombro cando a médica lle exixiu "que se dirixise a ela en castelán". Convidamos á sociedade galega a enviar correos ao hospital, para que corrixan o desprezo pola nosa lingua, e, como paso mais público, galeguicen o seu web.
Tanto a nai afectada como o seu fillo son galegofalantes e non era a primeira vez que acudían a unha consulta neste centro médico, polo que se sentiron "moi abraiados" pola actitude da doutora.
A direción do hospital, en troques de pedir disculpas e tomar medidas contra a profesional, difundiu un comunicado no que explicaba que a médica non é galega e non ten competencias lingüísticas abondas para comprender a nosa lingua; continuaba o comunicado falando dos criterios de seleición do persoal no que, como non, o idioma propio de Galiza e dunha boa parte dos galegos e galegas non importa o mais mínimo.
A CiberIrmandade considera que esta nova agresión á nosa lingua e aos nosos dereitos non pode ficar sen resposta. Envía un correo electrónico ao Hospital Modelo solicitando que tomen medidas para que a situación non se volva repetir, abran unha investigación do sucedido, poñan en funcionamento un servizo de normalización lingüística e, como mostra clara da sua vontade, galeguicen o seu web.
Manda o prego dende esta ligazón:
http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/component/option,com_obxetivos/task,envioweb/id,96/
Texto do Prego:
Quero manifestarlle a miña repulsa polos feitos acontecidos recentemente
no Hospital Modelo da Coruña. O maltrato sufrido por un neno
galegofalante e a súa nai por parte dunha médica dese hospital pódese
considerar un exemplo desgraciado de mala práctica ética e profesional
por parte da facultativa que provocou este incidente. Entendo que a
situación é máis dolorosa cando a propia dirección do Hospital respalda
o comportamento desta médica obviando a máis mínima consideración polo
cativo e rexeitando implicitamente a petición de desculpas a este neno
e á súa familia. Unha postura como esta só é comprensible desde unha
falta de compromiso moral co que debe ser unha institución sanitaria
dun país europeo. A desconsideración e discriminación dun paciente non
pode nen debe ser amparada pola dirección de ningun hospital galego.
Considero ademais o caso especialmente grave ao tratarse dun menor de idade ao que se lle impide exercitar o dereito ao uso da súa lingua nas mesmas condicións en que poden exercitalo os membros doutras comunidades cando acoden ao pediatra.Lémbrolle que a Lei de Normalización Lingüística de Galicia no seu Título I, artigo 1 di: "O galego é a lingua propia de Galicia. Todos os galegos teñen o
dereito de coñecelo e de usalo."Continúa dicindo no artigo 3: "Os poderes públicos de Galicia adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón de lingua. Os cidadáns
poderán dirixirse aos xuíces e tribunais para obter a protección xudicial do dereito a empregar a súa lingua."Recórdolle ademáis que na Declaración Universal do Dereitos dos Nenos proclámase que : "A infancia ten dereito a cuidados e asistencia especiais"..."Tendo debidamente en conta a importancia das tradicións, dos valores culturais de cada pobo para a protección e o desenvolvemento armonioso do neno". Considérome pois, no dereito moral de esixirlle:
1-A apertura dun procedemento que investigue e sancione o trato
irrespetuso desta facultativa a unha crianza enferma e mais á súa nai.
2-A petición de desculpas a este pequeno polo maltrato recibido.
3-A garantía de que tratos vexatorios como este non se van repetir nese
hospital.
4-A adopción do galego, lingua de moitos dos seus pacientes, como
idioma da súa páxina web ademais da súa introdución na rotulación e
documentación do centro.
5-Que se aclare tamén se a persoa causante deste incidente posee a
especialidade de Pediatría.
Agardo de vostede unha actitude dilixente,
NOME
DNI
Grazas por colaborar
CiberIrmandade da Fala