Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galicia é bilingüe

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Galicia é bilingüe

Galicia é bilingüe

Os galegos e galegas temos dúas linguas que deberamos protexer.
O patrimonio lingüístico dun pobo non se pode ditar por Decreto.
Compre coidar da Calidade Lingüística para transmitir a nosa lingua mellorada ás novas xeracións.

Enviada por Erasmo Erasmo o 14/07/2007 01:06

Galicia é Bilingüe: basta comprobar como cada galego e galega fai cativo esforzo e pasa a falar castelán cando fala con calquer forasteiro, calquera descoñecido. Se podemos falar indistintamente en dúas linguas (outra cousa é o nivel de competencia lingüística que se teña nelas) por que non o imos facer? Esta é básicamente a liberdade da que estamos falando cando defendemos a liberdade lingüística individual (non hai outra que eu saiba).

Polo tanto, o dereito a falar unha lingua que domina practicamente a totalidade da poboación de Galicia son os dereitos de falar o que cada un queira e cando queira, xa que aquí non se está a discriminar a niguén: todos os galegos e galegas entenden ben ámbalas dúas linguas a un nivel coloquial.

Se todos temos dereito a expresarnos na nosa lingua... quen nolo impide?

Cando falo da `nosa lingua' falo daquela que consideramos nosa, que desexamos ter por tal, que nos peta, que nos sae de dentro a cada instante nas nosas vidas... e lóxicamente podémonos comunicar nela sen problema de comprensión por calquera; agás os `necios' tódolos demáis falamos e / ou entendemos galego e castelán sen dificultade algunha.

Pois, adiante galegos, falade o que vos pete!!! Eiquí ninguén é desigual en dereitos: todos podemos dirixirnos á calquera persoa na lingua da nosa elección. Outra cousa ben distinta é considerar co noso interlocutor non teña o mesmo dereito ca nós a responder na lingua da súa elección!

E aquí comenza o lío. Un lío que ven da man diso que estamos a chamar a `discriminación positiva', pero deberedes desculparme se non son quen de falar dela como debera en tan só dúas liñas. Cando discrimino positivamente a alguén o fago coa aquiescencia dos que inevitablemente son discriminados negativamente ou do contrario estou indo máis aló do que permiten as leis da convivencia pacífica entre homes e mulleres nun mundo civilizado.

Ollo, con non facer distincións entre o verdugo e a vítima! Non todos somos fillos do verdugo nin tampouco fillos das vítimas… e aínda que o fóramos non seríamos `responsables' das accións dos nosos proxenitores.

Síntome galego e, se cabe, síntome moito máis idenficado coa miña cultura cando falo nunha lingua que me permite conectar coa memoria dun pobo senlleiro, non é cuestión de `esencialismos' senon de `sentimento'. A liberdade de identificarme cunha determinada concepción do mundo nunca se producirá se é obrigada e por Decreto!

Concluindo direi que se o galego precisa dalgunha `discriminación positiva' sen dúbida debera ser co consentimento de todos, pero este trato preferente non pode converterse nunha 'vantaxe' sobre os demáis falantes: obrigando ós demáis a expresarse nunha lingua determinada.

Galicia é bilingüe e ten dereito a seguir convivindo en ámbalas dúas linguas sen limitación algunha. E no caso específico dos docentes, sen dúbida temos moitas obrigas pero a da lingua non é nin a única nin a principal nin a preferente nunha sociedade bilingüe como a nosa. Agás que sexa esta obriga discriminada positivamente, como se fai en calquera outro sector socio-económico a través dun 'Complemento Lingüístico Galego' para potenciar o seu uso durante o tempo que se considere preciso.

Esta solución ten a virtude de respectar a liberdade lingüística de quen demanda voluntariamente este Complemento e por outra banda –cicais o máis importante- garantir a calidade lingüística do seu uso público nunha institución educativa: que eu saiba os profesionais do ensino non son escollidos ó chou, non sei porque neste tema pretendese impoñer unha obriga a quen apenas é competente lingüísticamente para expresarse en galego e, o que aínda é máis perigoso, pode convertir esta ferramenta de comunicación unha aldraxe para quenes a teñen como propia.

O Complemento Lingüistico Galego permitiría un control de calidade no uso público da lingua galega, pois, quen o solicita debera someterse á avaliación periódica dos seus esforzos normalizadores por un tribunal competente que acredite co uso que se está a facer do galego nas súas aulas é un uso respectuoso e de calidade.

A calidade lingüística debera corresponderlle os expertos formados no pais durante un cuarto de século! Que traballen no común, e amosen a súa competencia lingüística en tódolos eidos da cultura é o mínimo que podemos pedirlles a quenes a diario `pontifican' sobre o deterioro que esta a sofrir o idioma galego no noso pais.

E como todo é traballo, e calquera traballo é unha actividade remunerada, só así teremos garantías de que a chamada `discriminación positiva' serva efectivamente para mellorar a calidade lingüística das novas xeracións e non se convirta nunha discriminación gratuíta máis aló das competencias lingüísticas dos falantes.

Erasmo.
Amante da súa lingua e da liberdade.


2,6/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Galicia é bilingüe