VieirosG2001
Especial Eleccions

 PODER GALEGO
 O PAÍS
 O GOBERNO
 OS PARTIDOS
 PP
 BNG
 PSOE
 OUTROS
 OS PROGRAMAS
 PP
 BNG
 PSOE
 COMPARATIVA
 OS LÍDERES
 FRAGA
 BEIRAS
 TOURIÑO
 RESULTADOS
 CANDIDATOS
 FOROS
 EVOLUCIÓN DO VOTO
 SONDAXES
 LIGAZÓNS
 CONTACTAR


Postais
Postais



 

O país


Localización xeográfica | División política e administrativa | Poboación | Distribución da poboación activa | Os símbolos de Galicia | Galego, lingua propia de Galicia



Localización xeográfica

Galicia está situada no extremo noroccidental da Península Ibérica e ocupa unha superficie de 29.575 km2. A súa orografía é irregular e a costa recórtase nas chamadas "rías".

Galicia ten, en xeral, clima atlántico húmido, aínda que existen diferencias entre as áreas litorais e interiores.

............................................................

División política e administrativa

A capital política e administrativa é Santiago de Compostela. A división administrativa actual, creada no século XIX, divide o territorio en catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

A actividade desenvolvida pola Xunta de Galicia no ámbito da planificación territorial durante os últimos anos plasmouse no denominado Plan de desenvolvemento comarcal (con orixe no acordo do Consello da Xunta do 19 de decembro de 1990), no que se regulaban dun xeito inicial os instrumentos e procedementos necesarios para articular o modelo de comarcas e se designaban catro proxectos piloto.

Así, a esta fase inicial fóronselle sumando de forma gradual outras, ata as actuais 53. Ver mapa de comarcas.

............................................................

Poboación

Galicia ten 2.730.337 habitantes. Por provincias, a distribución é a seguinte: A Coruña, 1.108.980; Lugo, 366.934; Ourense, 345.620 e Pontevedra 908.803. A poboación galega ocupa de forma irregular o territorio, cunha densidade de 92,3 hab/km2, e caracterízase pola elevada dispersión, con pequenos núcleos de poboación. A maior densidade corresponde á área litoral, principalmente ao extremo suroccidental e ao eixe A Coruña-Santiago-Vigo.

As cidades máis importantes son Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela, Lugo, Ferrol e Pontevedra.

O fenómeno da emigración caracterizou durante os dous últimos séculos a poboación galega. Nos últimos tempos obsérvase, ademais, un descenso no crecemento poboacional.

............................................................

Distribución da poboación activa

Tradicionalmente, o sector predominante era o primario; na actualidade, o sector servicios é o máis importante sendo a distribución da poboación activa a seguinte: 52,4% servicios; 17,8% industria; 14,3% agricultura e gandería; 11,8% construcción e 3,6% pesca.

............................................................

Os símbolos de Galicia

A bandeira galega é branca cunha banda azul celeste dende o extremo superior esquerdo ata o extremo inferior dereito. A bandeira ten no centro o escudo. O escudo de Galicia ten no centro o cáliz eucarístico. Esta figura procede dun antigo privilexio da catedral de Lugo: a exhibición constante do Santo Sacramento. Este cáliz tamén se ten relacionado co lendario Santo Graal. As sete cruces que o rodean representan as principais cidades da Galicia do pasado.

O himno nacional galego interpretouse por primeira vez en 1907. A letra procede un poema de Eduardo Pondal e a música é de Pascual Veiga.

............................................................

Galego, lingua propia de Galicia

O galego pertence ao grupo das linguas románicas, producto da evolución do latín implantado polos romanos no noroeste da Península Ibérica, con contribucións dos pobos aquí instalados antes da colonización, ademais das que fixeron linguas xermánicas superpostas as latín galaico trala fragmentación do Imperio Romano.

O galego fálase na Comunidade Autónoma de Galicia e nas áreas máis occidentais de Asturias, León e Zamora. Ademais, fálase nas comunidades de emigrantes e en tres viliñas da provincia de Cáceres.

A lingua propia de Galicia atravesou ao longo da súa historia diferentes circunstancias que afectaron o seu emprego como lingua normal de comunicación.

Relegada a súa utilización aos ámbitos informais, o idioma sobreviviu ata hoxe en que, parello á recuperación das institucións de autogoberno, o galego volveu acadar, xunto co castelán, o status de lingua oficial de Galicia. Actualmente, o 94% dos galegos entenden o galego, e ata un 80% o falan con maior ou menor frecuencia.



«« Portada da Edición

 WEBS RELACIONADAS
Xunta de Galicia
.........................
Plan de desenvolvemento comarcal
.........................
galego.org
.........................
Concellos
- A Coruña
- Lugo
- Ourense
- Pontevedra
- Compostela
- Vigo
- Ferrol