Os beneficiarios do Rendemento Social de Inserción que rexeiten un traballo, deixarán de recibir a prestación. O obxectivo é aforrar 289 millóns de euros.
O goberno aperta as regras para os beneficiarios do rendemento mínimo entre os 18 e 55 anos
O goberno portugués decidiu aforrar cartos en prestacións sociais. En concreto, o Consello de Ministros vén de aprobar uns criterios renovados para as prestacións sociais non contributivas, unhas modificacións coas que prevén aforrar 289 millóns de euros até o final de 2011.
Na práctica, a partir do próximo 1 de xullo, o Rendemento Social de Inserción (RSI), axuda que se presta ao remate do paro, será máis restritiva. A nova lei prevé a cesión da prestación para os beneficios, entre os 18 e 55 anos, que rexeiten un “emprego conveniente”, un traballo socialmente necesario ou propostas de formación.
A ministra de Traballo, Helena André, informou de que o novo sistema de apoios sociais terá agora en conta “un novo concepto de agregado familiar máis próximo á realidade”, “a determinación da totalidade dos rendementos dos beneficiarios (vivenda social, rendementos financeiros e patrimonio)” e unha nova forma de cálculo “en función da composición dos elementos dos agregados familiares”. Explicou que deste xeito se evitarán as fraudes e se equipararán as axudas coas necesidades reais dos demandantes.