Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Paraguai

Martin Almada, denunciado por un dos represores da ditadura de Stroessner

O premio Nobel alternativo da Paz enviou unha carta ao presidente paraguaio en relación coas acusacións por "difamación e calumnia".

Redacción - 13:00 26/04/2010
Almada, no centro, con COSAL

Almada, no centro, con COSAL

O premio Nobel alternativo da Paz en 2002, Martín Almada, enviou unha carta ao presidente de Paraguai, Fernando Lugo, co fin de manifestar o seu repudio ante a publicación dun informe emitido pola Dirección Xeral do Instituto de Altos Estudos Estratéxicos onde se desbota a participación de Juan José Benítez Rickman na represión militar de Alfredo Stroessner.

Segundo informou COSAL, Almada sostén que a actuación de Benítez Rickman está probada nos Arquivos do Terror e solicita o envío de toda a documentación ao xulgado encargado da causa por calumnias na súa contra e patrocinada polo propio Benítez Rickman.

No texto, Martín Almada manifesta que o 7 de xullo de 2009 a Dirección Xeral do Instituto de Altos Estudos Estratéxicos informou a Xustiza Penal que o escribán número 100 Juan José Benítez Rickman "non se rexistra como alumno do colexio nacional de guerra", polo que o traballo de tese "a loita antisubversiva psicopolítica, non consta como traballo presentado pola citada persoa".

Xuízo oral, esta cuarta feira
A vindeira cuarta feira desenvolverase o xuízo oral e publico no caso de Juan José Benítez Rickman contra Martín Almada por difamación e calumnia, en consecuencia "rogo ao señor comandante das FF.AA da Nación a urxente remisión da documentación solicitada pola Xustiza Penal número 25" e "a presenza do Director Xeral do Instituto de Altos Estudos Estratéxicos e do o capitán de Navío Aníbal B. Zarza en calidade de observadores nacionais", reclama Almada.

Desde COSAL, con quen estivo Martín Almada hai poucas semanas de visita en Galiza, propoñen o envío de correos solidarios ao enderezo persoal do descubridor dos Arquivos Secretos da Operación Cóndor en Paraguai: almada[arroba]rieder.net.py


Dr. Martín Almada:


Me adhiero a su lucha por desmascarar a los esbirros de la Dictadura de Stroessner y por su decidida defensa de los Derechos Humanos y del Medio Ambiente de su país y de América Latina.


Un saludo solidario


Nombre:

Profesión:
País:


5/5 (2 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: