Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Pobos do mundo

Viva World Cup: o mundial de fútbol para as nacións sen estado

A Illa de Gozo, en Malta, alberga a competición do 31 de maio ao 6 de xuño, na que xa confirmaron a súa participación Occitania, Padania, Provenza e Curdistán.

Redacción - 14:00 15/04/2010
Padania, actual campioa do mundo

Padania, actual campioa do mundo

Mentres que Suráfrica agarda polo Mundial de Fútbol que se desenvolverá do 11 de xuño ao 11 de xullo, na Illa de Gozo (Malta) preparan unha competición alternativa para aquelas nacións ou entidades territoriais con identidade propia que non son recoñecidas pola FIFA. O organismo homólogo responsábel é o New Federations-Board (Nova Plataforma de Federacións, NFB).

O Viva World Cup, que se disputará entre o 31 de maio e o 6 de xuño, organizouse por vez primeira en 2006, na Occitania, aínda que un ano antes houbo tentativas de o facer en Chipre do Norte. Desde 2008, cando o albergou Saapmi, vénse facendo anualmente. A última edición tivo lugar na Padania, que gañou a equipa anfitrioa e actual campioa do mundo.

Precisamente este é un dos cinco conxuntos que xa confirmaron a súa presenza na cita futboleira xunto con Gozo, Occitania, Provenza e Curdistán. Con anterioridade tamén participaron representantes de, por exemplo, Tíbet, e hai conversas para que no futuro participen Abkhazia, Osetia do Sur, País Vasco, Chechenia, Nagorno-Karabakh e Transnistria.


Máis información:


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: