Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CORRUPCIÓN POLÍTICA

As investigacións da trama Gürtel envolven o PPdeG

A policía xudicial que analizou o caso de financiamento ilegal do partido a nivel estatal considera que en Galiza tamén se cometeron delitos.

Redacción - 08:45 07/04/2010
Tags: Gürtel PPdeG

O Partido Popular de Galiza escorre na lama do caso Gürtel. Nos 50 mil folios de sumario instruídos polo xuíz Antonio Pedreira non queda demasiado ben paradas as contas internas do partido. A policía xudicial interviu unha caixa de seguridade que o ex secretario de organización do partido (entre 1996 e 1999) tiña depositada nunha sucursal bancaria pontevedresa. Para os axentes non hai dúbidas de que os “populares” empregaron diñeiro negro para pagar campañas electorais na segunda metade da década dos noventa.

Os informes sumariais sinalan que entre 1996 e 1999 o PPdeG gastou algo máis de 6,1 millóns en actos electorais e de partido, máis da metade deses cartos proceden, segundo a policía, de cartos en negro.  A gran pregunta é de onde procedía esa inxente cantidade de diñeiro, xa que na contabilidade paralela de Crespo non figura ningún depositario.

Sombras sobre a última campaña de Núñez Feijoo
Mais as sombras do pasado semellan envolver parte do presente do PPdeG. Este mércores, Xornal de Galicia desvela que o PPdeG lle encargou a consultora madrileña Swat, implicada tamén no caso Gürtel, o deseño da última campaña electoral que levou a Núñez Feijoo á presidencia da Xunta. Porén, a mesma información recoñece que non hai polo de agora ningún indicio de ilegalidade nesta relación.

A axencia, que dirixiu toda a estratexia comunicativa do PPdeG contra o bipartito, traballou coa trama ideada por Francisco Correa (en prisión preventiva). Informacións publicadas en diarios madrileños relacionan esta empresa co pago de 3,2 millóns de euros que fixo a Comunidade de Madrid entre 2003 e 2007 por campañas de publicidade que non chegaron a realizarse.


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: