Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cara á segunda volta dos comicios rexionais

A esquerda francesa asina acordo para pecharlle o paso á dereita

Partido Socialista, Europe Écologie e outros partidos da esquerda, artellan candidaturas unitarias para a cita deste domingo nas urnas.

Redacción - 09:00 17/03/2010
Martine Aubry, actual líder do Partido Socialista francés

Martine Aubry, actual líder do Partido Socialista francés

As negociacións das últimas horas en París deron finalmente froito en Francia para un pacto ao que se suman entre outros o Partido Socialista (PS), Europe Ecologie e a Front de Gauche. Segundo o acordo, deseñarán listas comúns na maioría das 22 rexións onde a próxima fin de semana se celebrará a segunda volta das eleccións.

A decisión agoira que os resultados afondarán no pau aos apoios dos conservadores da UMP do presidente Nicolás Sarkozy. Deste xeito, a dereita mesmo podería perder os feudos do Elsass (Alsacia) e Corsica. No traballo de pecharlle o paso á dereita, no caso corso o acordo abrangue aos nacionalistas, que na primeira volta conseguiran xa un resultado histórico dobrando os resultados obtidos cinco anos antes. Así e todo, unha das fendas onde non foi posíbel o acordo é a Bretaña, onde o PS conta coa vitoria sen necesidade de pacto.

Recomendámoslles ampliar en:


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: