Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reunión con todos os partidos en Madrid

O BNG chegará a pactos de non se dar "pasos atrás" en dereitos sociais

'Diálogo político para a recuperación do crecemento económico e a creación do emprego' é o título da comisión anticrise impulsada polo executivo de Zapatero.

Redacción - 17:35 25/02/2010

O voceiro do BNG, Francisco Jorquera, asegurou que a formación frontista se implicará no proceso de diálogo formulado polo goberno español "co máximo espírito construtivo", sempre que non se pretenda transmitir o custo da crise aos sectores máis desfavorecidos e de non se dar "nin un paso atrás" en dereitos sociais.

Na conferencia de prensa posterior ao primeiro encontro da comisión negociadora e os partidos, Jorquera avaliou "positivamente" a reunión porque inicia un proceso que responde ás demandas dos cidadáns, que piden aos partidos que se esforcen na loita contra a crise, o que supón explorar escenarios que permitan acordos.

"Valoramos positivamente o punto de arranque", sinalou Jorquera, que resaltou a importancia de procurar un acordo "global" e non pactos puntuais que xa se alcanzan todos os días no Congreso dos Deputados, o que obriga a examinar as políticas económicas nun plano global.

Para o BNG, unha das premisas básicas do acordo ten que ser non esquecer que a crise se orixinou no sistema financeiro, polo que haberá que incrementar a supervisión, reforzar o papel do ICO para que opere como unha banca pública e manter a natureza social e territorial das caixas de aforro.

En canto á política fiscal, resaltou a importancia de non perder a perspectiva de que hai que ir sentando as bases para mudar o patrón de crecemento, de forma que a preocupación por corrixir o déficit público e controlar a débeda non pode desviar "nunca" este obxectivo.

Comisión anticrise

A comisión anticrise en que participan os representantes dos partidos con representación parlamentaria no Congreso leva por título: 'Diálogo político para a recuperación do crecemento económico e a creación do emprego', que encabeza a vicepresidenta económica, Elena Salgado, xunto con Xosé Blanco (Fomento) e Miguel Sebastián (Industria).


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: