Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN MARÍN

En defensa do Monte Pituco

O colectivo veciñal alegará contra o Plan de Solo Empresarial. Defenden o valor patrimonial e ambiental deste monte, en perigo polo proxecto dun polígono industrial.

Redacción - 10:25 14/02/2010

A Asociación Defende o Monte Pituco, de Marín, xa anunciou que alegará contra o Plan de Solo Empresarial da Xunta. Este colectivo, que dá a voz aos veciños de Pena, Caeiro, Casal e Laxe, considera que a área elixida para o parque industrial de 400 mil metros cadrados en San Xulián non é o máis axeitado. Pola contra, denuncian un grave impacto ambiental, ademais das graves consecuencias na orografía, na súa riqueza forestal, nos recursos hidrolóxicos e na calidade de vida veciñal.

Este terreo escollido pertence aos Montes do Morrazo e está catalogado como Espazo Protexido polas Directrices de Ordenación do Territorio. Segundo explican na súa propia web, os veciños dos lugares de Pena e Caeiro “están dispostos a defender o valor ambiental e patrimonial deste espazo ameazado polos plans do Concello de Marín” para instalar nel un polígono industrial.

Así, adiantan que defenderán o monte “da voracidade do Concello de Marín, da complicidade subrepticia da comunidade de montes de San Xulián e do seguidismo que están dispostos a practicar algúns colectivos veciñais enganchados erroneamente á promesa demagóxica da creación de emprego”.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Vídeo: Traballo exposto polos veciños de Caeiro e A Pena, afectados polo proxecto para instalar un polígono industrial na zona protexida do Monte Pituco

Os veciños entenden que o Concello e a Xunta atenden só a criterios económicos
Os veciños entenden que o Concello e a Xunta atenden só a criterios económicos