Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Electrónica de consumo

Unha empresa galega presenta en Las Vegas un módem "revolucionario"

Arteixo Telecom desenvolveu un dispositivo para compartir a conexión a internet de alta velocidade a través da rede eléctrica doméstica.

Redacción - 17:06 13/01/2010

Un desenvolvemento 100% galego, un módem PLC de Arteixo Telecom, presentouse na feira International Consumer Electronics Show de Las Vegas (EUA), a máis importante do mundo no eido da electrónica de consumo. Segundo a compañía, que deseña e fabrica equipos de telecomunicacións, o módem usa tecnoloxía de Gigle Networks e ofrece unha velocidade de conexión de até 1 xigabit por segundo a través da rede eléctrica.

O aparato permitirá acceder a servizos de internet, televisión, música ou outro tipo de entretementos dende calquera punto do fogar ou da oficina sen necesidade de cableado adicional e sen as limitacións das redes sen fíos. De feito, preséntano como "concibido para cubrir as exixencias da próxima xeración de redes multimedia domésticas" a través da rede eléctrica.

A empresa de Arteixo asegura que o seu dispositivo "supera amplamente" a velocidade de conexión de solucións semellantes que xa existen no mercado e "achega outras importantes vantaxes", como a "robustez, seguridade das comunicacións e facilidade de uso", cunha configuración automática.

O presidente e director xeral de Arteixo Telecom, Rafael Valcarce, afirmou que o persoal da empresa está "moi satisfeito" coa aceptación do módem na feira de Las Vegas, sobre todo polo feito de lle dar a coñecer a todo o mundo un produto do país.


5/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: