Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Avaliación do borrador da Xunta

O BNG ve no decreto un furado para que o 70% do ensino sexa en castelán

O voceiro nacional do Bloque dixo ver o texto inspirado nun "unilingüismo" de "ataque e agresividade á lingua propia".

Redacción - 18:55 12/01/2010
"É un decreto inaplicábel", agoirou Guillerme Vázquez

"É un decreto inaplicábel", agoirou Guillerme Vázquez

"Dos conflitos que xurdan o único responsábel é Feijoo", lamentou o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, na súa comparecencia este martes para avaliar o decreto sobre as linguas no ensino. "Núñez Feijóo defende a falsa teoría da imposición do galego e fixo un diagnóstico pouco acertado do que pensan os galegos e galegas", reprochou Vázquez, afirmando que o borrador do decreto deseñado polo PP responde a "compromisos adquiridos con sectores minoritarios e extremistas que defenden o unilingüismo en español".


"A política anti-idioma galego do Partido Popular tivo unha ampla contestación na rúa, tanto o 17 de maio como o 18 de outubro do ano pasado, para agora presentar un borrador de decreto que manterá na súa aplicación un 70% a favor do idioma español e un 30% do galego, pois o inglés non deixa de ser unha tapadeira", explicou o máximo responsábel do BNG. Para o nacionalista trátase dun borrador de decreto "inservíbel e tramposo, que é rexeitado pola sociedade galega". Agoirou ademais que este novo marco lexislativo creará conflitos e dixo non velo aplicábel no sistema educativo do país.


5/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: