Alén do acto da asociación de escritores, o museo mariñao vén de presentar o proxecto "Ás portas de Rinlo", que reclama que o lugar sexa BIC.
Sede do Museo do Mar en San Cibrao
Son unha ducia de imaxes que pretenden amosar "a beleza do vernáculo e da paisaxe histórica reclamando actuacións que respecten a memoria e manteñan viva a identidade local dos núcleos máis tradicionais do país". Baixo o nome "Ás portas de Rinlo", esta exposición do artista Fernando F.Páez, poderá verse no Museo do Mar, en San Cibrao, até o 10 de xaneiro de 2010. Inclúe tamén unha proxección audiovisual e a edición dun catálogo no que se inclúen 50 imaxes.
Durante a presentación da mostra, o delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, lembrou que foron os propios veciños desta aldea de Ribadeo os que colaboraron neste proxecto artístico, como parte da mobilización "A prol de Rinlo BIC" que persegue a difusión, defensa e conservación dos valores patrimoniais deste lugar e tamén a súa declaración como Ben de Interese Cultural na categoría de “Lugar Etonográfico”.
Por outro lado, o Museo do Mar acolleu este sábado unha das xornadas literarias e musicas que organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). A polafía Historias Salgadas, realizada en colaboración coa Asociación Mariña Patrimonio, e cuns 90 minutos de duración, contou coa colaboración do músico Antón Castro e dos escritores Isidro Novo, Xoán Neira e Paco Rivas.