Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
EN GALEGO, CONSUMO GUSTO

O 80% do viño saído das adegas do país leva etiqueta en galego

O Foro Peinador iniciou unha campaña para animar os empresarios galegos a sumárense á etiquetaxe na nosa lingua.

Redacción - 11:55 01/12/2009
Tríptico que o Foro Peinador está a enviar ás empresas

Tríptico que o Foro Peinador está a enviar ás empresas

"Subliñar a imaxe dun país co seu sinal de identidade máis característico -a súa lingua- é un factor de enorme relevancia que é percibido e valorado polos cidadáns". Así reza un tríptico que, xunto cunha carta, está a enviar o Foro Peinador a todos os adegueiros de Galiza.

Na actualidade, das 430 adegas coas que conta o país, 170 xa etiquetan os seus produtos en galego. Segundo analizou o Foro, polo miúdo isto significa que o 80% da produción do sector vitivinícola galego xa optou por unha estratexia de identificación da súa marca co país, unha forma de valorizar o seu viño nun mercado cada vez máis globalizado.

Logo do acto celebrado a pasada semana en Ourense, o Foro Peinador continúa cunha campaña de alento e estímulo os empresarios para que opten pola nosa lingua como identidade de marca, como xa fixeron outras compañías como Aceites Abril, Cárnica Fontefría, Celtic Stores ou Factorías Vulcano.

Agora fano a través dunha circular que están a recibir os adegueiros galegos. Asemade, teñen previsto enviar unha comunicación similar ás asociacións vencelladas coa defensa da lingua e aos partidos políticos, sindicatos e demais organizacións sociais para que os seus seguidores, en canto que consumidores, discriminen positivamente estes produtos e demanden a etiquetaxe galega nas súas compras.


4,56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: