Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
A APDR expresa a súa satisfacción pola sentencia

sentencia que declara ilegais os recheos realizados no porto de marín

A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) congratúlase do recente fallo xudicial do Tribunal Supremo que anula o Plan Especial do Porto de Marín e declara ilegais os recheos realizados ao amparo do antedito Plan

Asociación pola Defensa da Ría (APDR) - 19:16 09/11/2009

Ao mesmo tempo, queremos expresar a nosa felicitación á Plataforma en Defensa da praza dos Praceres pola victoria xudicial conseguida, unha victoria que entendemos débese facer extensiva a todos os colectivos que, como a propia APDR, veñen loitando desde hai anos por este mesmo obxectivo.

Neste sentido, convén lembrar que a APDR iniciou a loita contra a realización de recheos ilegais no porto de Marín no ano 1994, unha loita que nunca abandonou nen pensa abandonar e para a que veu utilizando tanto a vía da denuncia pública xunto con outros colectivos (nomeadamente as Confrarías de pescadores da Ría) como a vía xudicial, unha vía que ficou cortada para nós a raíz da desestimación do noso contencioso polo TSXG pola imposibilidade de asumir o esforzo que supuña para a asociación a realización dun recurso de casación diante do Tribunal Supremo.

Témonos que congratular, xa que logo, pola decisión xudicial coñecida agora, pero temos que ser conscentes tamén da necesidade de seguir loitando para que este fallo xudicial, que supón o recoñecemento de que tiñámos razón todos os que vimos rexeitando a realización de recheos no porto de Marín, teña consecuencias prácticas, non só para hoxe senón tamén para o desenvolvemento futuro do porto de Marín e da nosa Ría no seu conxunto.

Desde a APDR esiximos o cumprimento inmediato da sentencia en todos os seus aspectos, incluíndo desde logo os relativos á responsabilidade da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Autoridade Portuaria do Porto de Marín e Ría de Pontevedra. Esiximos o cese inmediato dos novos recheos que se veñen realizando no porto e que temos denunciado en múltiples ocasións e a eliminación de todos os recheos que a xustiza ven de recoñecer como ilegais, o que, evidentemente, redundará na recuperación da Ría e da verdadeira función do porto para aquelas actividades direitamente relacionadas co mar.

Xa por último, reiterar a nosa máis efusiva felicitación á Plataforma en Defensa da praza de Os Praceres e o noso compromiso de seguir loitando pola recuperación da nosa Ría, unha recuperación que ten moito que ver coa paralización dos recheos e a recuperación dos espacios ilegalmente collidos ao mar.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: