Desenvólvense na capital de Etiopía unhas xornadas que analizan a contribución da e-administración á mellora das condicións de vida no continente africano.
Expertos das Nacións Unidas pedíronlles aos gobernos de África que aproveiten as novas tecnoloxías como un xeito de mellorar o desenvolvemento económico da cidadanía deses estados. Estas foron as conclusións das xornadas "Goberno Electrónico/Móbil en África", que se desenvolvern en Addis Abeba.
O asesor interrexional en e-goberno para as Nacións Unidas, Richard Kerby, dixo que a cidadanía africana non se beneficiou das novas tecnoloxías malia a evolución nas tecnoloxías da información e das comunicacións. As xornadas teñen como obxectivo analizar como os gobernos de África poden contribuír a mellorar o desenvolvemento mediante o uso de aplicacións informáticas e móbiles.
Tamén servirán para que a ONU teña a oportunidade de cavilar no desenvolvemento do Repositorio de Coñecemento Mundial, un almacén en liña para que os diferentes gobernos accedan a información actualizada sobre e-administración.
Outra das conclusións tirada da xornadas é que os gobernos africanos teñen que facer moito investimento en infraestruturas para poder aproveitar as tecnoloxías emerxentes. Tamén será preciso incidir nesta áreas de servizo público en áreas como a sanidade ou a educación.