O profesor Joe Hynek, da Universidade Estatal de Iowa, vén de inventar un bolso con paneis solares capaz de alimentar os aparatos electrónicos con tan só tres horas de luz.
O bolso solar de Hynek
Con este complemento-aparello, esquecer o cargador do móbil ou do reproductor mp3 deixará de ser un problema. E é que os pequenos paneis solares do que está feito permiten cargas os aparatos en tres horas nun día con boa luz e algo máis de tempo, se hai pouca luz.
Aínda que en apariencia non se distingue demasiado de calquera outro bolso, ao miralo con detalle pódese observar o mosaico composto polos paneis solares que captan a enerxía necesaria para exercer de cargador.
Estes paneis solares están desenvolvidos cunha fina película, do grosor dun papel, co propiedades semellantes á da cámara de cine para captar a enerxía solar e o suficientemente resistente como para ser incorporada á roupa.
Así, ademais, constitúese nun obxecto de interese para aqueles que aposten pola ecoloxía, posto que non é nada contaminante ao usar unha enerxía renovable como é a fotovoltaica.
O único problema que podería xurdir neste punto é o seu prezo. E é que o bolso solar patentado por Hynek, que aínda non está no mercado, podería ter un prezo de saída duns 210 euros.
FWWWRANDO