Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A OPERACIÓN REALIZOUSE POR 85 MILLÓNS DE EUROS

Best Buy merca Napster co fin de competir co iTunes

A cadea de tendas de electrónica estadounidense anunciou a compra do sitio de descargas musicais para enfrontarse ao dominio do iTunes de Apple.

Redacción - 12:15 16/09/2008
Napster entrará en competencia directa co iTunes

Napster entrará en competencia directa co iTunes

Best Buy pagará 2,65 dólares por cada acción de Napster, o que constitúe o dobre do valor dos títulos da compañía.

Na actualidade, iTunes acapara un 70% do mercado de suscricións de descargas legais por Internet. A alianza de Best Buy e Napster permitirá afrontar con maiores posibilidades a competencia co sitio de Apple.

Napster naceu a finais dos 90 como un servizo gratuíto de descargas de música baseado no intercambio de arquivos entre os usuarios, converténdose nun dos sitios máis populares de Internet.

No entanto, acabou pechando por orde xudicial tras enfrontarse a unha batalla legal con varias firmas discográficas. Anos despois, o novo Napster volveu abrir como un servizo legal de descargas legais por suscrición, pero non logrou desbancar ao iTunes.

FWWWRANDO


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: