Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
este domingo

As autoridades militares mauritanas liberan o pesqueiro galego

O 'Bahía de Portosanto' levaba cinco días retido en augas do país africano a causa dun expediente aberto aos tripulantes por suposta pesca ilegal.

Redacción - 17:52 14/09/2008
Localización de Mauritania, no norte de Africa

Localización de Mauritania, no norte de Africa

As autoridades mauritanas liberaron este domingo ao pesqueiro 'Bahía de Portisanto', propiedade dun armador de Marín e cunha parte importante de tripulación galega. O buque levaba cinco días retido por causa dun expediente aberto aos tripulantes por suposta pesca ilegal, que data do pasado mes de maio.

Así o confirmou o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM), cuxos voceiros explicaron que a liberación produciuse tras a xuntanza desenvolvida de mañá entre o embaixador español en Mauritania, Alejandro Polanco e o conselleiro do MARM no país, Guillermo Artolachipi, co responsábel da delegación de Pesca deste país.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: