Escollido polo Congreso despois da dimisión de Adolfo Suárez. O seu mandato estivera marcado pola decisión da entrada na OTAN.
É o único dos presidentes do executivo español que até o de agora foi elixido sen pasar polas urnas, xa que accedeu ao cargo en 1981 despois da dimisión de Adolfo Suárez. Durante a primeira votación da súa investidura produciuse o episodio do intento de golpe de Estado do 23-F.
Leopoldo Calvo Sotelo gobernou apenas un ano e medio, até outubro de 1982, cando o PSOE gañou as eleccións xerais daquel ano por maioría absoluta. Foi deputado catro anos máis. En 2002, a monarquía concedéralle o título de "marqués de Ribadeo".
O fillo maior de Leopoldo Calvo Sotelo informou a Europa Press de que o enterro terá lugar en Ribadeo.