Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
8 de abril

Os xitanos celebran o seu Día Internacional

A FSG anima á sociedade e ás institucións a achegarse aos costumes e tradicións xitanas para rematar coa súa estigmatización.

Redacción - 10:30 08/04/2008
Bandeira xitana

Bandeira xitana

En lembranza do primeiro Congreso Mundial Xitano, celebrado en Londres en 1971, nace o Día Internacional dos Xitanos. Nesta data faise memoria sobre as vítimas do holocausto nazi, e en xeral sobre todas as vítimas deste pobo, orixinario da India, ao longo do seu proceso migratorio. Con este motivo, a Fundación Secretariado Xitano (FSG) invita as institucións públicas e a toda a sociedade a sumarse á celebración para "coñecer mellor a estas persoas" e seguir avanzando na consecución da súa "cidadanía plena" e do seu "recoñecemento institucional e cultural".

Dende a fundación explican que existen "grandes progresos" en canto a promoción social e cultural dos xitanos nos últimos anos, e que isto ten que facerse ver ao resto da sociedade, evitando así unha visión estereotipada do colectivo por parte da opinión pública. Aínda así, lamentan que "continúen existindo importantes lagoas" na promoción de igualdade de oportunidades e na erradicación da discriminación en áreas como o emprego, a educación, a saúde ou a vivenda.

O 2007 foi para o colectivo xitano un ano de avances, especialmente en canto a recoñecemento institucional e cultural, coa consolidación do Consello Estatal do Pobo Xitano e do Instituto de Cultura Xitana, mentres que este 2008, considerado o Ano Europeo do Diálogo Intercultural, supón un marco idóneo para a sensibilización dos cidadáns dos retos que implica a aceptación da diversidade cultural.


3/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: