Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DECLARACIÓNS DE VIVIANE REDING

A UE quere regular o mercado da banda larga para favorecer a competencia

A comisaria europea de Telecomunicacións asegura que as ofertas combinadas de telefonía e internet frean a innovación.

Redacción - 13:35 17/01/2008
Viviane Reding, comisaria europea da Sociedade da Información e Medios

Viviane Reding, comisaria europea da Sociedade da Información e Medios

A comisaria de Telecomunicacións da UE, Viviane Reding, amosouse partidaria de regular o mercado para garantir que os consumidores conten con máis oferta nas conexións de banda larga, un sector con escasa competencia.


A mediados de 2007 había en Europa 90 millóns de conexións de banda larga, cun 18% de penetración, comparado co 22% dos Estados Unidos de América. Segundo a comisaria, a principal causa desta diferenza é que falta unha competencia efectiva no mercado porque non se aplicou correctamente a regulación de acceso.

Reding avogou por crear incentivos ao investimento para se asegurar de que ningún operador acade unha posición dominante que limite o mercado. Para a responsábel europea de Telecomunicacións, as ofertas combinadas, como telefonía fixa e internet, favorecidas polos antigos monopolios, reprimen a innovación e a capacidade de escolla.


4/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: