O ex presidente do goberno de Cataluña informou da súa doenza nunha visita á unidade de Alzheimer do Hospital Sant Pau de Barcelona.
Pasqual Maragall
O ex presidente da Generalitat de Cataluña anunciou este sábado nunha visita á unidade de Alzheimer do Hospital Sant Pau de Barcelona que padece esta enfermidade dexenerativa, segundo informan os medios.
O ex dirixente comunicara este mesmo venres nunha entrevista en Catalunya Ràdio que abandonou a militancia do PSC. Ademais, realizou unhas duras críticas tanto ao seu sucesor José Montilla como ao presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero.
Maragall expresou a súa vontade de loitar contra a enfermidade, e colaborar para eliminar os prexuízos e estigmas que a rodean.
Poden ampliar en Vilaweb, El Periódico, La Vanguardia e Avui.