Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Deporte e integración: Tolos polo fútbol

Compostela acolle o I Campionato Galego para Persoas con Enfermidade Mental

Co obxectivo de promover a participación social deste colectivo e a súa integración a través do deporte, celébrase este encontro ao que está convidados o ex celtista Gudelj.

Redacción - 11:05 19/10/2007

O sábado celebrarase no pavillón do Restollal, en Compostela, o primeiro campionato galego de fútbol para persoas con enfermidade mental. Baixo o sobrenome de "Tolos polo fútbol", a Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos Mentais de Galiza (FEAFES Galicia) organiza este evento deportivo, en colaboración coas fundacións Celta de Vigo e Deporte Galego.

As regras dos "Tolos polo fútbol"
No torneo participarán socios de sete das asociacións federadas na FEAFES Galicia, tanto familiares como os propios enfermos mentais, aos que está dedicado este torneo no que se pretende instrumentalizar o deporte -neste caso o fútbol-, como elemento socializador e válida ferramenta da rehabilitación psicosocial das persoas enfermas.

O fútbol hase converter en Compostela, ademais, nunha actividade terapéutica -de mellora do estado físico e mental-, en un medio axeitado para gozar do tempo de lecer e para fomentar as relacións persoais.

Os partidos comezarán as 10:00 horas e haberá dous grupos de catros equipos cada un que xogarán partidos de 25 minutos, distribuídos en tres roldas.

Ademais dos tres primeiros premios, haberá un especial para o mellor xogador e outro para o pichichi, que entregarán, entre outros, o ex xogador do Celta, Vlado Gudelj.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: