Unha recepción oficial convocada pola Vicepresidencia do goberno catalán e coa participación da Federación e de Foro Cívico Galego.
O acto que se celebrará no Palau de Pedralbes o 25 de xullo, será presentado por Josep-Lluís Carod-Rovira, Vicepresident da Generalitat, e conta coa participación de Luís Lamas, presidente da Federación de Entidades en Culturais Galegas de Catalunya, de Camilo F. Valdehorras, presidente do Foro Cívico Galego de Barcelona e do catedrático de Literatura Galega da Universitat de Barcelona, Basilio Losada.
Durante o transcurso da cerimonia, que estará acompañada musicalmente polo cuarteto do Centro Galego, a Federación de Entidades Galegas fará a presentación da súa anual revista "Vento do Leste", que nesta edición centra os seus contidos na emigración americana, na celebración do pasada edición do Día das Letras Galegas e no estudo das raíces históricas do Centro Galego de Barcelona, que tería o seu antecedente no Centro Gallego de Barcelona, creado en 1892.
O Foro Cívico Galego tamén participa hogano na Diada de Galiza organizada por Rede.cat, na que presenta o nº 3 da revista de pensamento cívico "reNOVAgaliza".
Día da Patría Galega
Mércores 25 de xullo, 19.30 h
Recepción oficial no Palau de Pedralbes
Av. Diagonal, 686
Asistencia por intivación. Máis información aquí.