Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Nun mitin na Coruña

E Feijoo lembrouse de Vázquez

Co candidato socialista, Xavier Losada, tratando de afastarse da sombra do seu antecesor, os paradoxos fixeron que a herdanza de Vázquez fose reivindicada polo PPdeG.

Redacción - 09:00 09/05/2007

"Había un alcalde que gañou as eleccións e que xa non está, e haberá que preguntarlle a Touriño quen o botou", comentou o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, durante o mitin do seu partido este martes na Coruña. Feijoo criticou que os socialistas xa non sigan principios dos que o ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, era defensor como que "España é a única nación", que "os terroristas vaian ao cárcere" ou que "Galiza non sexa gobernada polo BNG".

Feijoo botou man do topónimo non oficial para subliñar que a metrópole herculina "xoga na liga das grandes cidades" e prometeu que o candidato do PPdeG, Carlos Negreira, sacará a cidade da "segunda división" onde na súa opinión "quérenos condenar a xogar o alcalde accidental", en referencia a Xavier Losada. Na súa intervención, Feijoo tamén fixo referencia aos "milleiros de cartas pedindo o voto da diáspora" que con cabeceiro do concello coruñés tería enviado Losada solicitando o apoio nos comicios do 27M.


2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: