Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Badía Ordás concedeulle hidráulicas a un cuñado

O ex director xeral de Industria imputado polo "escándalo das minicentrais"

A acusación pública acúsao dun delito tráfico de influencias ao que podería sumárselle outro de prevaricación e suborno.

Redacción - 17:21 21/03/2007
A xustiza tamén investiga os negocios eólicos / Foto: Virginia G.

A xustiza tamén investiga os negocios eólicos / Foto: Virginia G.

O que fora director xeral de Industria no último goberno popular, Ramón Ordás Badía, acaba de ser imputado pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG, dun presunto delito de tráfico de influencias. A acusación pública, tal e como denunciou no seu momento a Federación Ecoloxista Galega, FEG, cre que o alto cargo incurriu nun delito ao concederlle parques eólicos e minicentrais hidroeléctricas ao empresario Luis Castro Valdivia.

Os feitos remóntanse a xullo de 2005. Naquel mesmo o goberno da Xunta en funcións, acelerou os trámites de concesión de parques eólicos e minicentrais. O cuñado de Ordás Badía recibiu dezaseis concesións para diferentes explotacións enerxéticas. Catro das múltiples empresas nas que figura o nome de Castro Valdivia estaban relacionadas á súa vez coa muller e os fillos do ex alcalde coruñés, Francisco Vázquez e co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, CEG, Antonio Fontenla.

Unha polemica que “tocou” a Paco Vázquez
Logo de diversas denuncias de asociacións ecoloxistas, o xornal La Opinión comezou unha longa serie de reportaxes de investigación que pretendían desenfiañar o caso. Os traballos xornalísticos comezaron a convulsionar a vida política coruñesa, poucos meses despois Vázquez anunciaba o seu adeus á alcaldía e iniciaba unha nova andaina como embaixador no Vaticano. Foron moitos os que viron neste feito unha escapada cara adiante para evitar os numerosos problemas que xurdían.

Ordás Badía, enxeñeiro industrial de profesión, foi director xeral de Industria nos gobernos de Manuel Fraga entre 1999 e 2005. Logo de abandonar o cargo, Endesa contratouno para dirixir os intereses da compañía eléctrica en Portugal.


4,75/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: