� última hora do xoves, o conselleiro de Industria reafirmouse na súa valoración da xuntanza mantida co director xeral da Competencia en Bruxelas. Malia que a Comisión Europea matizou ao longo da tarde algúns puntos salientados por Blanco, a conclusión final, tal e como lle explicou a este xornal, segue a ser a mesma: a Xunta deberá negociar co goberno do Estado o futuro de Navantia-Fene antes de facelo coa Comisión Europea.
O conselleiro de Industria viaxou este xoves a Bruxelas
O conselleiro de Industria, Fernando Blanco, viaxou este xoves a Bruxelas para tratar co director xeral da Competencia da Comisión Europea, Philip Lowe, sobre o futuro do estaleiro de Navantia-Fene (antigo Astano). Na xuntanza, na que tamén se falou do plan naval da empresa Hijos de J. Barreras, Lowe transmitiulle a Blanco a necesidade de que, primeiramente, os gobernos central e galego cheguen a un acordo.
"DÃsenos que hai un acordo estabelecido e que, máis ca o discutir coa UE, teriamos que negociar co Estado", sinalou Blanco, e engadiu que "calquera negociación no acordo vixente precisa dun movemento previo, e quen debe dar o primeiro paso é quen firmou ese acordo, neste caso o Estado".
Renegociación posÃbel
No transcurso da xuntanza, Blanco explicoulle a Lowe o plan de Barreras, e recordoulle que no acordo que existe entre a UE e o Estado consta unha cláusula onde se sinala que este "pode ser renegociado".
Ademais, comunicoulle a Lowe que se trata dun "proxecto privado sen subvencións públicas, onde quen arrisca as súas cartas é a iniciativa privada". Este era un dos temas que máis preocupaban á dirección xeral de Competencia.
Bruxelas matiza posición
Ao cabo da tarde e logo de que trascendese aos medios a avaliación do conselleiro sobre a xuntanza, a Dirección Xeral da Competencia fixo público un comunicado puntualizando a súa avaliación sobre a xuntanza. A Comisión Europea subliña que non se opón á posÃbel privatización dos predios infrautilizados en Fene, aÃnda que matiza que o estaleiro poderÃa seguir funcionando "como militar", pero "nunca na construción civil".
Ao respecto, o conselleiro matizoulle a Vieiros que "unha vez pagadas as multas pendentes", o antigo Astano "poderÃa construÃr civil ou o que quixese". Fernando Blanco dixo que en todo caso o seu departamento e a Xunta contan co apoio do Parlamento para explorar calquera posibilidade ao respecto.
Apoio de Touriño
Pola súa banda, tamén este xoves, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, insistiu en que o Executivo "non renuncia a ter un espazo maior para a construción naval civil en Ferrol", e explicou que outra cousa distinta é a "dinámica parlamentaria e de partidos", na que dixo que non se vai entremeter.
Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Touriño restou importancia á negativa do PSOE no Congreso a impulsar o plan galego para Navantia-Fene. "Houbo debate entre partidos, que é diferente a unha proposta dun goberno", dixo.
O presidente asegurou que tanto o goberno como o PSdeG manteñen a súa postura e continúan "abertas todas as posibilidades e flancos" para sacar adiante un plan para Ferrolterra. "Outra cousa é a dinámica de partidos respecto á proposta dunha parte", insistiu.
Por último, sinalou que se está a traballar para garantir "máis carga de traballo" para as instalacións de Navantia e, nese sentido, Touriño recordou que lle pedira ao presidente do Goberno, José Luis RodrÃguez Zapatero, que a sexta fragata da serie 100 fose construÃda no estaleiro ferrolán.