Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PRESIÓNS AOS FABRICANTES PARA QUE NON INSTALEN OS SEUS PROCESADORES

AMD acusa a Intel de tentar formar un monopolio mediante a coacción

A empresa fabricante de microchips AMD acaba de demandar a súa competencia, Intel, por estar a formar un monopolio aplicando técnicas de coacción mundial.

Redacción - 11:13 25/02/2007

Segundo informa Infochannel, a empresa californiana di que Intel presiona de forma ilegal os fabricantes de dispositivos para que non instalen nos equipos os seus procesadores.

Trinta e oito foron as compañías que cederon ás presións de Intel, segundo AMD. O segundo fabricante mundial asegura que por este motivo os seus compoñentes foron eliminados dos pecés que se venden en grandes cadeas de tendas de electrodomésticos como Media Markt.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: