Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
CALLÓN SUBLIÑA QUE HAI QUE GALEGUIZAR O ENSINO "AÍNDA QUE O PP NON QUEIRA"

A Mesa pídelle a Educación valentía á hora de sacar adiante o decreto

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, compareceu diante dos xornalistas para valorar o proceso de elaboración do decreto de galeguización do ensino non universitario. Callón esíxelle valentía á Consellería de Educación: "Aínda que o PP non queira, ten a obriga de adaptar a lexislación galega á normativa europea que sinala que o ensino en Galiza debe ter como vehículo normal o galego". Segundo puido saber este diario, os partidos volverán a ter unha xuntanza contra finais de mes para intentar acadar unha postura unánime.

- 18:01 18/01/2007
Tags:

Os partidos políticos seguen a manter unhas posicións semellantes no que respecta ao decreto de normalización do ensino non universitario. Educación propón que as materias impartidas en en galego estea entre o 56 e 68%. O BNG coida que non é un mal punto de partida pero di que, tendo en conta a situación que atravesa a nosa lingua, a obrigatoriedade debería estar máis preto do 70%. Por último o PP, mantén a maior discrepancia. Cre que, en ningún caso, o número de materias en galego deben superar o 50%, que é o mínimo que establece o Plan de Normalización aprobado en 2004.

Callón resalta que "sería preocupante que a consellaría dese marcha atrás debido á presión do PP. Non se entendería que o único ámbito de xestión onde o PP puidese marcar as pautas na Consellería de Educación fose o referido á lingua". Para Callón, o modelo lingüístico galego é o máis "retrógrado" de todo o Estado.


Ligazóns

0/5 (0 votos)