Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
ÚLTIMAS NEGOCIACIÓNS ANTES DO ACORDO

Educación cualifica de "positivas" as conversas políticas para o decreto de galeguización

Logo de meses de mutismo, a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, valorou como "positivas" as negociacións dos tres grupos políticos para acadar un acordo á hora de elaborar o novo decreto galeguizador do ensino. Segundo Sánchez Piñón, a nova norma vai ter "o maior consenso posíbel". Tal e como adiantou xa o pasado mes de decembro Vieiros, a consellaría quere ter listo e aprobado o decreto na vindeira primavera para que poida así entrar en vigor no curso 2007/08. Tanto socialistas como nacionalistas coinciden en sinalar que o decreto que está agora en vigor fracasou no seu intento de normalizar a nosa lingua no ensino non universitario. Os plans da consellaría contemplan que case se duplique o número de materias obrigatorias en galego.

  • Anteriores: Educación propón que a porcentaxe de materias en galego oscile entre o 56 e o 68%
  • A lectoescrita en galego pode ser a clave para recuperarmos falantes
- 10:29 16/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)