Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
NÓS-UP PRETENDE ELIMINAR OS SÍMBOLOS DO FRANQUISMO

Pintan de rosa a Cruz dos Caídos da praza de Amboaxe, en Ferrol

Membros de NÓS-Unidade Popular pintaron este mediodía de cor rosa a Cruz dos Caídos da praza de Amboaxe, en Ferrol. Nunha acción simbólica, o grupo pretendía derrubar a escultura coa axuda dunha corda, pero non o conseguiu por "problemas técnicos", polo que decidiu cubrila por completo de pintura rosa, cor que simboliza o antifascismo galego. Ademais, colocou nela unha pancarta co lema "Simbologia fascista fora da Galiza". As policías municipal e nacional chegaron ao lugar despois de que rematasen os feitos.

- 18:16 20/11/2006
Tags:

NÓS-Unidade Popular está a levar a cabo unha campaña a prol da eliminación de símbolos de exaltación do fascismo nos espazos públicos do país. Hai un ano xa pintara de rosa a fachada da casa natal de Francisco Franco, tamén en Ferrol.

A organización independentista considera que o goberno municipal de Ferrol, coma outros de Galiza, séguelle a dar cobertura á exaltación do franquismo, desprezando as iniciativas en favor da supresión dos seus símbolos, polo que non descarta tentar tombar noutra ocasión o monumento


0/5 (0 votos)