Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MENTRES VÁZQUEZ AGARDA SERVIR DE "PONTE" ENTRE ESPAÑA E O VATICANO

Fontenla di que os seus negocios non agochan "nada vergoñento nin ilegal"

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, dixo que falará "cando sexa interesante". A respecto do publicado en La Opinión, que o acusa de crear unha rede para controlar licenzas enerxéticas mediante sociedades interpostas, nunha trama que implica a Luis Castro Valdivia, cuñado do ex director de Industria no Goberno do PP, Ramón Ordás, o responsabel da patronal galega asegurou que "non hai nada vergoñento nin ilegal" nos seus negocios enerxéticos, e falou de respectar "o ámbito privado".

- 12:32 22/02/2006
Tags:

Fontenla acabou instando ao diario coruñés a "ir onde teña que ir, se cre que hai algo disto", en referencia ás accións xudiciais.

O presidente da patronal fixo estas declaracións na CEG, tras unha reunión co embaixador de Portugal en España, José Filipe de Moares Cabral.

Vázquez quere diálogo

Outro embaixador, Francisco Vázquez -recén nomeado- proclamou hoxe a súa vontade de servir de "ponte" entre España e o Vaticano. En declaracións a RNE, o aínda alcalde da Coruña e xa ex presidente da FEGAMP destacou, entre as súas novas misións, a de "expresar a rexa vontade de diálogo do Goberno de España". Segundo Vázquez, a vontade de diálogo da Igrexa é "sequera similar á que poida ter o Goberno e á que ten o seu presidente Zapatero".


0/5 (0 votos)