Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PENALTI QUE PAROU UN DE RIANXO

Á venda na rede o balón co que Beckham non furou a porta lusa

Enfrontábanse Portugal e Inglaterra. Cando o árbitro suízo Urs Meier pousou na herba do Estadio da Luz o roteiro oficial da Eurocopa 2004, o mesmo balón custaba arredor duns cen euros nas tendas deportivas. Cando algo máis de dúas horas despois o inglés David Beckham errou o seu penalti, a bola foi subindo cotización mentres voaba cara ás bancadas. Alí pillouna David Carral, quen aínda que o que lle gusta de verdade é o básquet, vai amortizar a entrada do partido e de paso sacar tallada: o balón está á venda na web de poxas de eBay onde xa acadou unha oferta de 9.350 euros.

- 11:16 13/07/2004
Tags:


0/5 (0 votos)