VieirosG2001
Especial Eleccions

 PODER GALEGO
 O PAÍS
 O GOBERNO
 OS PARTIDOS
 PP
 BNG
 PSOE
 OUTROS
 OS PROGRAMAS
 PP
 BNG
 PSOE
 COMPARATIVA
 OS LÍDERES
 FRAGA
 BEIRAS
 TOURIÑO
 RESULTADOS
 CANDIDATOS
 FOROS
 EVOLUCIÓN DO VOTO
 SONDAXES
 LIGAZÓNS
 CONTACTAR


Postais
Postais



 

Manuel Fraga

Vilalba (Lugo), 23-11-1922
Presidente da Xunta de Galicia en tres lexislaturas: 1989-1993, 1993-1997
e 1997-2001
Doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas.

 
En 1945, Manuel Fraga acadou a primeira praza nas oposicións ó corpo de Letrados das Cortes Españolas e dous anos máis tarde ingresaría con idéntico número de promoción na Escola Diplomática. En 1953 obtivo a cátedra de Teoría do Estado na Facultade de Ciencias Políticas e Económicas da Universidade Complutense de Madrid, cátedra que ocupou ata a súa xubilación como docente en 1987.

Comezou a súa actividade pública en 1951, como secretario xeral do Instituto de Cultura Hispánica. Posteriormente, ocupou os cargos de secretario xeral do Consello Nacional de Educación (1953); secretario xeral Técnico do Ministerio de Educación (1955-58); secretario da Comisión de Asuntos Exteriores das Cortes (1958-62), e director do Instituto de Estudios Políticos (1961). Paralelamente, actuou como conselleiro nacional, procurador en Cortes e membro do Consello de Estado.

Como diplomático de carreira, foi conselleiro de embaixada en 1961, ministro plenipotenciario en 1963 e embaixador en 1973. Ademais, formou parte de numerosas delegacións españolas en organismos internacionais. En 1962 foi nomeado ministro de Información e Turismo. En 1973, foi nomeado embaixador de España no Reino Unido, cargo que ocupou ata 1975.

De volta para España, en 1975, foi nomeado vicepresidente do Goberno para asuntos de Interior e ministro da Gobernación, no primeiro Goberno da Monarquía, posto que ocuparía ata 1976. Sendo ministro da Gobernación autorizou o primeiro congreso de UGT e impulsou a inscripción oficial doutras asociacións e partidos.

No ano 1977, crea o partido Alianza Popular, do que foi elixido presidente en 1979. En 1989 é elixido presidente do Partido Popular no congreso de refundación de Alianza Popular, cargo que posteriormente deixa para, definitivamente, centrar a súa actividade política en Galicia, como presidente do Partido Popular de Galicia. Tralas eleccións celebradas o 17 de decembro de 1989, accedeu, por maioría absoluta, á Presidencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

A súa obra de reflexión e pensamento abrangue máis de 90 títulos, ademais de ser membro de número da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, da Real Academia Galega, da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Así mesmo, é doutor 'Honoris Causa' por máis dunha ducia de universidades de todo o mundo.




«« Portada da Edición

Opina
Fai os teus comentarios no:

Foro xeral G>2001
.........................
Foro PP

 MIRA TAMÉN
Candidatos do PP:
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra