Nós fixemos as preguntas, e os programas dos partidos déronnos as posibles
respostas. Aquí vai un test para que decidas o teu voto, ou para que
comprobes se realmente pensas o que pensas. ¿Votas PSOE pero levas un
independentista dentro? ¿Ou cres que che tira máis o BNG e desexas que se
privatice a Xunta? . Contesta ti: ¿realmente, a quen te achegas máis?
|
1.- Con respecto ás diferentes modalidades do bacharelato impartirías: |
| 1. |
|
Unha de artes a nivel comarcal e unha de cada outra especialidade en cada concello.
|
| 2. |
|
O que aconselle a demanda.
|
| 3. |
|
En xeral, aumentarías a oferta de especialidades.
|
2.- Con respecto aos nenos de 3 a 6 anos, ti... |
| 1. |
|
Crearías unha rede de centros de ensino infantil.
|
| 2. |
|
Escolarizarías todos os nenos e nenas dese tempo.
|
| 3. |
|
Dado que xa están todos escolarizados, melloraría a calidade do ensino.
|
3.- Para mellorar a asistencia sanitaria dos galegos en Iberoamérica... |
| 1. |
|
Pediríaslle ao Goberno central prestacións de asistencia sanitaria e axudas para menciñas para todos os españois con escasos recursos.
|
| 2. |
|
Garantirías a asistencia sanitaria para todos os galegos maiores de 65 anos.
|
| 3. |
|
Garantirías os servicios de asistencia sanitaria mínimos para os galegos, teñan ou non nacionalidade española.
|
4.- ¿Cal destas medidas consideras preferente dende o punto de vista cultural na emigración? |
| 1. |
|
Crear un mercado conxunto de consumo de productos culturais galegos.
|
| 2. |
|
Crear unha segunda canle da TVG especializada en contidos culturais para emigrantes.
|
| 3. |
|
Desenvolver os grupos folclóricos nos centros galegos.
|
5.- Con respecto ao tráfico aéreo consideras prioritario... |
| 1. |
|
A implantación de sistemas de operacións con visibilidade reducida.
|
| 2. |
|
A ampliación das infraestructuras aeroportuarias, especialmente do aeroporto de Lavacolla.
|
| 3. |
|
A complementariedade entre os aeroportos.
|
6.- ¿Que consideras prioritario no servicio ferroviario de vía estreita (FEVE)? |
| 1. |
|
Modernizar a liña, recuperar a Xerencia Territoral para Ferrol, acondicionar as infraestructuras, e ampliar o trazado.
|
| 2. |
|
Remodelar e renovar o material móbil de viaxeiros.
|
| 3. |
|
Nada en concreto.
|
7.- Respecto da lingua, o teu obxectivo sería... |
| 1. |
|
A promoción das catro linguas españolas.
|
| 2. |
|
A defensa do uso das dúas linguas oficiais.
|
| 3. |
|
Virar a tendencia das novas xeracións cara ao abandono do galego, procurando conseguir a transmisión familiar da lingua.
|
8.- Para o cine, es partidario/a de... |
| 1. |
|
Producir entre 3 e 5 filmes ao ano.
|
| 2. |
|
Producir 100 películas en 10 anos.
|
| 3. |
|
Fortalecer a industria, sen concretar.
|
9.- A idade de xubilación debería... |
| 1. |
|
Fixarse atendendo a capacidade e a disposición da persoa, non só pola idade
|
| 2. |
|
Anticiparse, para contratar obrigatoria e indefinidamente persoas paradas preferiblemente xente nova.
|
| 3. |
|
Está ben como está. Só hai que mellorar as condicións.
|
10.- ¿Como actuarías coa xornada laboral? |
| 1. |
|
Reorganizarías e diminuirías o tempo de traballo, avanzando cara ás 35 horas.
|
| 2. |
|
Favorecerías o emprego a tempo parcial, xunto coa flexibilidade dos horarios.
|
| 3. |
|
Incentivarías a reducción da xornada e introducirías unha nova xornada de 35 horas na Administración.
|
11.- O sistema de pensións para as mulleres debería centrarse... |
| 1. |
|
Para as amas de casa, nun sistema mutual alleo á Seguridade Social.
|
| 2. |
|
En equiparar as pensións mínimas de viuvedade coas mínimas de xubilación.
|
| 3. |
|
Nunha pensión non contributiva para mulleres de máis de 60 anos, en relación ao traballo como amas de casa desenvolvido durante as súas vidas.
|
12.- Nas baixas por maternidade prefires... |
| 1. |
|
Que sexa obrigatorio o permiso de paternidade.
|
| 2. |
|
O reparto do permiso entre pais e nais.
|
| 3. |
|
Medidas para aliviar os custos empresariais por baixa de maternidade.
|
13.- Respecto das diversas especies forestais... |
| 1. |
|
Fomentarías o piñeiro e controlarías a superficie de eucalipto.
|
| 2. |
|
Delimitarías o espacio do eucalipto para que non desprace as especies autóctonas.
|
| 3. |
|
Potenciaría a producción forestal, en xeral.
|
14.- ¿Que medida tomarías respecto do tráfico marítimo? |
| 1. |
|
Nada, non é relevante.
|
| 2. |
|
Solicitaría a xestión integral do tráfico marítimo por parte de Galicia.
|
| 3. |
|
Controlaría o tráfico de substancias perigosas por fóra das 50 millas, e cooperaría con Portugal na vixilancia e control de prácticas contaminantes.
|
15.- A agricultura ecolóxica... |
| 1. |
|
Fomentaríala, pero tamén impulsarías a convencional.
|
| 2. |
|
Fomentaríala para reducir a dependencia das explotacións e axeitar as produccións a Galicia.
|
| 3. |
|
Fomentaríala, especialmente no vacún e na pataca.
|
16.- As confrarías... |
| 1. |
|
Reformarías a dirección e democratizaríalas, axeitándoas á composición social da poboación traballadora mariñeira.
|
| 2. |
|
Están ben como están.
|
| 3. |
|
Modernizaríalas, porque son institucións representativas.
|
17.- Sobre a liberalización dos horarios no comercio, opinas que... |
| 1. |
|
O importante é que o consumidor goce unha oferta diverisificada e cualificada.
|
| 2. |
|
Habería que anular o artigo 40 do decreto 6/2000 que permite unha liberalización horaria practicamente plena, de xeito que só poden competir as grandes superficies.
|
| 3. |
|
O decreto 6/2000 é unha inxerencia intolerable nas competencias das autonomías; regularía os horarios para facelos compatibles coa vida familiar.
|
18.- ¿Que medida consideras prioritaria na promoción do turismo? |
| 1. |
|
Adecuar a promoción turística á imaxe de Galicia con base nos trazos específicos que a identifican.
|
| 2. |
|
Non anquilosarse no turismo rural, e desenvolver o turismo de golf e o de pesca.
|
| 3. |
|
Consolidar Galicia como destino turístico que reforce a imaxe 'España Verde'.
|
19.- ¿Como xestionarías os hospitais? |
| 1. |
|
Potenciarías o modelo de xestión hospitalaria coa fórmula de fundacións.
|
| 2. |
|
Tanto o financiamento como a provisión dos servicios sanitarios deberían de ser públicos.
|
| 3. |
|
O Sistema Nacional de Saúde debe ser financiado con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado.
|
20.- ¿Como debería ser a Policía Autonómica? |
| 1. |
|
Non é relevante este tema.
|
| 2. |
|
Unha Policía Galega integral, civil, democrática, eficiente e propia.
|
| 3. |
|
A Unidade policial da Xunta debería chegar aos 500 efectivos.
|
 |
|