

|
 |
 |
Xosé Manuel Beiras Torrado
Naceu en abril do 1936 en Santiago de Compostela, licénciase en Direito no 1957 pola Universidade Compostelán e estudia en Paris e Londres Ciencias Económicas e Letras.
|
 |
 |
Vencellado á docencia desde 1958 foi profesor nas universidades de Compostela e Madrid. Foi así mesmo profesor convidado en varias universidades europeas. Catedrático de Estructura Económica na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade compostelán desde 1970. Na clandestinidade foi un dos membros fundadores do PSG (1963), e dende aquela forma parte da súa executiva (Secretario Xeral entre 1971 e 1977). En 1969 foi poñente na elaboración do histórico Documento Conxunto PSG-UPG. Durante as loitas obreiras e estudantís do primeiro semestre do 1972, sendo Decano en funcións da Facultade de Ciéncias Económicas, impediu a entrada dos "grises" na Facultade e avalou e tirou das comisarias aos estudantes detidos.
Representando ao PSG no Consello de Forzas Políticas Galegas foi ponente na elaboración das Bases Constitucionais para a participación da nación galega nun pacto federal (1976). Tamén participou na creación do Sindicato Obreiro Galego (SOG). Apresentouse como cabeza de lista pola provincia da Coruña ás primeiras eleccións lexislativas da transición post-franquista.
Académico numerario electo da Real Academia Galega en 1977. Oito anos despois renuncia ao seu escano en protesta pola postura cómplice da presidencia da RAG coa impugnación polo Goberno español da Lei de Normalización Lingüística do Idioma galego perante o Tribunal Constitucional, que prosperou e mutilou esa Lei.
Participou no proceso de constitución do Bloque Nacionalista Galego e é membro do Consello Nacional e da Comisión Permanente desde entón. Deputado polo BNG no Parlamento de Galicia dende as eleccións de novembro de 1985 (segunda lexislatura) ata hoxe.
Ten publicado unha grande cantidade de traballos científicos, así como ensaios literarios, e colaborado con frecuencia na prensa diaria e en revistas.
Desenvolve unha densa actividade como conferenciante tanto no país como nas asociacións culturais de emigrantes galegos espalladas polo mundo. |
«« Portada da Edición
|
 |
 |
| MIRA TAMÉN |
 |
|
|
|
 |