VieirosG2001
Especial Eleccions

 PODER GALEGO
 O PAÍS
 O GOBERNO
 OS PARTIDOS
 PP
 BNG
 PSOE
 OUTROS
 OS PROGRAMAS
 PP
 BNG
 PSOE
 COMPARATIVA
 OS LÍDERES
 FRAGA
 BEIRAS
 TOURIÑO
 RESULTADOS
 CANDIDATOS
 FOROS
 EVOLUCIÓN DO VOTO
 SONDAXES
 LIGAZÓNS
 CONTACTAR


Postais
Postais



 

PSdeG-PSOE PSdeG-PSOE


En España, o PSOE fundouse clandestinamente en Madrid o 2 de maio de 1879 en torno a un núcleo de intelectuais e obreiros encabezados por Pablo Iglesias. Trala clandestinidade da dictadura, o Partido Socialista accedeu ao Goberno español en 1982 da man de Felipe González e con Alfonso Guerra de vicepresidente.

En 1996 perde as eleccións e pasa a ser o principal grupo da oposición. Logo dunha lexislatura chea de disensións internas o secretario xeral Joaquín Almunia demitiu ao revalidar o PP a maioría absoluta. O seu secretario xeral actual é José Luis Rodríguez Zapatero.

En Galicia, o Partido Socialista Galego (PSdeG-PSOE) formou un goberno de coalición con Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego entre 1987 e 1989. Unha das principais novidades das pasadas eleccións foi a coalición formada polo PsdeG con EdeG e Os Verdes. Parecía que ía ser o primeiro experimento de coalición de IU co PSOE pero as diferencias internas de IU lle custaron a división á formación en Galicia e en nada favoreceron os votos dos socialistas. Abel Caballero foi apartado da secretaría xeral do partido logo do baixón electoral do 97.

 
............................................................

O partido por dentro

O actual candidato é Emilio Pérez Touriño, que accedeu á secretaría xeral logo deses comicios. Malia todos os seus esforzos de cohesión, que ofreceron importantes resultados, o principal obstáculo ao que se enfronta Pérez Touriño dentro do partido é a actitude díscola dos seus representantes nos concellos de Vigo e A Coruña, Carlos Príncipe e Francisco Vázquez. Este último, primeiro candidato socialista á Xunta en 1981, abandonou o parlamento galego xa daquela en protesta porque a capitalidade fose para Santiago e non para A Coruña. Son continuos os seus ataques aos pactos cos nacionalistas e as súas louvanzas aos populares Xosé Cuíña e Manuel Fraga.


............................................................

Peso político

Parlamentarios: 13
Deputación: _
Alcaldías: Das sete cidades: Lugo, Santiago e A Coruña
Concelleiros: 861
Deputados en Cortes: 6
Senadores: 4
Eurodeputados: 1


«« Portada da Edición

Opina
Fai os teus comentarios no:

Foro xeral G>2001
.........................
Foro PSOE

 LIGAZÓNS
PSdeG PSOE
Cargos do PsdeG-PSOE
Axenda do PsdeG-PSOE
.........................
Outras webs:
PSOE en Lugo
PSOE en Moaña
PSOE en Lugo
PSOE en Narón
PSOE en Nigrán
PP a nivel estatal