VieirosG2001
Especial Eleccions

 PODER GALEGO
 O PAÍS
 O GOBERNO
 OS PARTIDOS
 PP
 BNG
 PSOE
 OUTROS
 OS PROGRAMAS
 PP
 BNG
 PSOE
 COMPARATIVA
 OS LÍDERES
 FRAGA
 BEIRAS
 TOURIÑO
 RESULTADOS
 CANDIDATOS
 FOROS
 EVOLUCIÓN DO VOTO
 SONDAXES
 LIGAZÓNS
 CONTACTAR


Postais
Postais



 

BNG Bloque Nacionalista Galego


Fundouse en 1982 por militantes da desaparecida AN-PG, a UPG e o PSG e organizacións e colectivos nacionalistas diversos. Preséntase ao ano seguinte ás eleccións locais acadando 50.000 votos en todo o país, resultado que repite nas autonómicas do ano seguinte e que lle dan o primeiro deputado da súa historia, Xosé Manuel Beiras pola Coruña. Ese mesmo ano, 1986, non pasa de 27.000 votos. Nas municipais e europeas do 87 e nas xerais do 89 mantense arredor dos resultados anteriores.

A inflexión prodúcese nese mesmo ano 89. Nas autonómicas chega ata os 100.000 votos, o que lle dá grupo parlamentario propio con cinco deputados electos. A partir de aí convértese na forza galega que maior crecemento experimenta. No 93 subirá ata os 13 deputados, nas xerais do 96 obtén por primeira vez representación en San Jerónimo, con dous deputados, e en 1997 convértese na principal forza da oposición galega desprazando dese lugar ao PSOE.

 
............................................................

A fronte por dentro

O BNG aglutina na actualidade as principais forzas nacionalistas galegas de centro e esquerda e tenta estender aínda máis o espectro electoral cara a votantes tradicionais do PP. Os principais partidos no seo do Bloque son a Unión do Povo Galego (comunista) e Esquerda Nacionalista (socialdemócrata). Como grupos de menor entidade están Inzar e o Colectivo Socialista (na á máis esquerdista), Unidade Galega (socialdemócrata) e Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (centrista). Con todo non haber grandes conflictos públicos, existen políticas de cotas entre as distintas forzas para calmar a loita polo control da fronte.


............................................................

Peso político

Parlamentarios: 18
Deputación: _
Alcaldías: 14. Das sete cidades: Vigo, Pontevedra, Ferrol.
Concelleiros: 585
Deputados en Cortes: 3
Senadores: 1
Eurodeputados: 1


«« Portada da Edición

Opina
Fai os teus comentarios no:

Foro xeral G>2001
.........................
Foro BNG

 LIGAZÓNS
BNG
Cargos do BNG
Galiza Nova
Unión do Povo Galego
PNG-PG
.........................
Outras webs:
Especial eleccións do BNG Ourense
BNG na emigración
BNG de Ponteareas
BNG do Valadouro
BNG da Golada
BNG de Ames
BNG de Muros